A semana pasada celebramos o aniversario de Paula e na súa semana de protagonista foinos ensinando as cousiñas que gardaou na caixa dos Aniversarios.
A Paula gústalle xogar aos cromos, os seus favoritos son os de Pokemon e os de fútbol.
Contounos que lle encantan os Superheroes e sobre todo xogar con eles co seu irmán Brais.
E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a
celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E
despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!