.body Os Lilas: Aniversario de Clara

luns, 9 de maio de 2022

Aniversario de Clara

A semana pasada celebramos o aniversario de Clara e na súa semana de protagonista foinos ensinando as cousiñas que gardaou na caixa dos Aniversarios.

Clara ensinounos un gorro moi divertido que lle regalaron polo seu aniversario.

Clara tamén nos contou que lle gusta moito facer fotos e viaxar a moitos sitios para facer máis e máis fotos.

Ensinounos tamén as cartas do "Uno" porque é un dos seus xogos favorito.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!  



Ningún comentario:

Publicar un comentario