.body Os Lilas: outubro 2021

domingo, 31 de outubro de 2021

Samaín

        Levamos varias semanas traballando, xogando e facendo diversas actividades relacionadas co Samaín e o Halloween nos "recunchos", na hora de ler, en música, en inglés... E para rematar o venres tivemos un día terrorífico! Se queredes ver como o pasamos aquí vos deixamos un vídeo.





venres, 29 de outubro de 2021

Aniversario de Nico

        Durante unha semana Nico foi o protagonista da clase. Na caixiña do Aniversario trouxo catro cousas que para el son importantes e explicounos cal era o motivo. De feito moitos nenos/as deronse conta que tiñan gustos parecidos a Nico.





O martes celebramos a súa quinta volta ao redor do sol, seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!





mércores, 27 de outubro de 2021

De que cor é un bico? Azul...

 A semana pasada tivemos unha actividade sorpresa na clase, fixemos unha instalación artística na que os/as nenos/as a través da liberdade de xogo e de acción disfrutaron dun escenario lúdico. Neste caso baseada no conto "De que cor é un bico? de Rocío Bonilla. 



xoves, 7 de outubro de 2021

Robótica

 Esta semana comezamos coa robótica, estivemos experimentando co Blue-Bot. Estamos apredendo a programalo para conseguir que se mova como queremos. Neste caso aproveitamos para xogar cos números.





Os nosos primeiros días

Este mes de setembro veu cargado de moitas emocións: reencontros, nov@s compañeir@s, novas mestras, moitas historias e anecdotas que contar, moita ilusión... 

Fomos pouco a pouco organizando a aula e os seus recunchos, aínda temos moito por facer, por aprender e por disfrutar. Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos estes primeiros días de curso.


















venres, 1 de outubro de 2021

Cancións

Estas son algunhas das cancións que cantamos e signamos nas nosas rutinas.

 

Bos días de "Fíos do querer":

 
        

                  
Días da semana:
                    
                                                         

O Outono de "Uxía Lambona e a banda molona":


           

Acceso á aula virtual

 Aquí vos deixo o enlace para acceder á aula virtual:

AULA VIRTUAL


A Nosa Merenda


Contos

    Nesta pestana irémosvos contando cousiñas sobre os contos que leamos na clase. Ata o da agora limos os seguintes:

     "Un agasallo diferente" foi o primeiro conto que limos porque é un dos favoritos da profe e o quería compartir con nós. Sorprendeunos moito cantas cousas diferentes podemos facer con só un cachiño de tea.

 UN AGASALLO DIFERENTE | MARTA AZCONA | Casa del Libro


    Limos tamén "Te quiero (casi siempre)", gustounos moito por varias razóns, por un lado, un dos protagonistas é un bicho bola e na nosa aula sempre temos a compañía deste tipo de insectos, e polo outro, porque aprendimos que aunque sexamos moi diferentes sempre podemos facer cousas divertidas xuntos.

Te quiero (casi siempre) (Otros libros de gran formato) eBook : Llenas,  Anna: Amazon.es: Libros 

 

    Cada semana estamos atopando un tesouro no libro "Súper Tesoros", foi unha gran recomendación da profe Noe!

El gran libro de los supertesoros - Editorial Flamboyant