.body Os Lilas: abril 2022

sábado, 30 de abril de 2022

Psicomotricidade

Son moitos os xogos e actividades que facemos coa profe Lidia en psicomotricidade, aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.










Ovos de pitiño

Esta semana chegou unha sorpresa á escola, un papá dun neno/a de primaria trouxo unha incubadora con ovos de pitiño para que poidamos ver en directo o seu nacemento. Encantounos a sorpresa!



Primavera

Coa chegada da primavera estamos comezando a saír máis ao patio a facer actividades e a disfrutar máis do bo tempo e do contacto coa natureza. Estamos disfrutando moito de observar o ciclo da vida dos vermes de seda e das distintas actividades relacionadas con esta estación que temos nos recunchos.

 
 


Comezamos proxecto "Animais acuáticos"

Estes días estamos arrancando co novo proxecto e cada día temos máis cousiñas sobre os animais acuáticos na clase. Ímosvos a ensinar algunhas das actividades que estivemos facendo esta semana na clase.

 
 




xoves, 21 de abril de 2022

Finalizamos o proxecto do Universo....

Para finalizar o proxecto do universo fixemos un Lapbook onde colocamos algúns dos traballiños que máis nos gustaron...



Ademais o martes fixemos unha actividade virtual coa astronauta Lili que se encontra no Museo Lunar de Madrid, pasámolo xenial! Acompañámola na súa nave espacial "Nebula One" a dar unha volta polo Sistema Solar.






mércores, 20 de abril de 2022

O Universo

Co proxecto do universo aprendimos moito e pasámolo xenial! Deixámosvos algunhas fotos das actividades que máis nos gustaron!



 










martes, 12 de abril de 2022

Aniversario de Leo

A semana pasada celebramos o aniversario de Leo e na súa semana de protagonista foinos ensinando as cousiñas que gardaou na caixa dos Aniversarios.

A Leo gústalle o xogo de Dobble e contounos que xoga moito co seu pai.

  Leo tamén nos contou  que lle gusta especialmente este xoguete porque xoga con el co seu primo.

Leo trouxo tamén dous peluches aos que lles ten moito cariño.


E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!