.body Os Lilas: febreiro 2022

domingo, 27 de febreiro de 2022

Entroido

Esta semana celebramos o Entroido e pasámolo moi ben! Primeiro facendo os mandadiños do Meco e despois disfrazándonos de superhéroes!



xoves, 17 de febreiro de 2022

Aniversario de Saúl

Esta semana celebramos o aniversario de Saúl. Estas son as cousas que máis lle apetecía compartir con nós.

Ensinounos un coche que lle encanta porque pode facer cousas moi divertidas. Ademais contounos que lle encantan os coches.

Saúl trouxo o xogo "quen é quen", dixo que lle gustaba porque con el xogaba cos seus pais e a súa irmá. Ademais tamén nos contou que llo dera seu primo e que por iso era máis especial.

Parece que o tema dos dinosaurios non se acaba na clase dos Lilas porque a Saúl lle gustan moito e trouxo unhas miniaturas.

A súa gran pasión é o fútbol e para compartilo con nós trouxo un balón de fútbol.

A Saúl tamén lle gustan moito os contos.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!



luns, 7 de febreiro de 2022

Excursión ao Planetario

O pasado venres fomos de excursión á Casa das Ciencias, pasámolo moi ben. Encantounos o Planetario e a exposición! Tamén foi moi divertido ir no autobús cos amig@s! Aprendimos moitas cousas sobre o universo e queremos seguir investigando para aprender moito máis.