.body Os Lilas: decembro 2021

martes, 28 de decembro de 2021

A visita dos Reis Magos

O pasado día 20 viñeron os Reis ao cole e os/as nenos/as puideron saludalos e darlles a carta que lle escribiron. Houbo moitos nervios e moita moita ilusión!



luns, 27 de decembro de 2021

Fin de ano

O martes 21 foi o día de Fin de Ano na escola. Foi un día de moita festa... bailamos, cantamos panxoliñas, fixemos manualidades... E como non comimos os 12 gusanitos da sorte!





Trastadas da Elfa

A elfa "Corazón" fixo moitas trastadas desde o día 1 que chegou á clase dos Lilas, aquí vos deixamos algunhas das que máis nos gustaron.





Postais de Nadal

Este ano na escola decidiuse que as postais que fixera cada neno/a se meteran no buzón do cole e así se intercambiaran entre os/as nenos/as de todo o cole. Foi unha actividade moi divertida, aquí vos deixamos un pequeno vídeo.



venres, 24 de decembro de 2021

Aniversario Nicole

Celebramos o último aniversario do 2021, o de Nicole. Na caixiña trouxo catro cousas que para ela son moi importantes.

Nicole ensinounos un peluche co que durme desde que naceu e ao que lle ten moito moito cariño.


 
 Outra cousa importante é o hidroxel que o leva con ela a todos os sitios.


 Contounos que lle encantan os animais da selva.


Tamén nos contou que lle encanta maquillarse.


E como sempre, celebramos a súa quinta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!
 

 

mércores, 8 de decembro de 2021

Aniversario de Hugo

Esta semana celebramos o aniversario de Hugo e na súa caixiña trouxo as catro cousas que máis lle gustan...

Hugo ensinounos o moito que lle gustan os coches.

 
Gústanlle os cans, de feito ten un que se chama "Duque".

A Hugo lle encanta xogar ás construcións e díxonos que xogaba co papá.

 
Disfruta moito lendo contos, especialmente os de Teo.

Celebramos a súa sexta volta ao redor do sol, seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!