.body Os Lilas: xaneiro 2022

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Novo proxecto...

Esta semana rematamos o proxecto dos dinosaurios, do que disfrutamos un montón e co que aprendimos moito! Os peques levaron as súas maletiñas de paleontólogos/as para compartir coas familias todas as súas novas aprendizaxes.


Agora toca investigar sobre outro tema, decidiron que querían aprender cousiñas sobre o espazo, universo, planetas, estrelas... Así que comezamos! Grazas ás familias pola vosa colaboración!




Aniversario Ángela

Esta semana celebramos o aniversario de Ángela. Na caixiña trouxo catro cousas que para ela son moi importantes.

Ángela trouxo dous cans de peluche porque é unha namorada dos cans, encántanlle! Ademais un deles regaloullo o seu papá!

                                           

Tamén trouxo un pingüino que llo trouxo súa irmá de Portugal.

E por último ensinounos un polvo que lle regalou a súa avoa.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!


 

 

Aniversario de Isabela

Celebramos o primeiro aniversario do 2022 a semana pasada, o de Isabela. Na caixiña trouxo catro cousas que para ela son moi importantes.

Isabela ensinounos un collar que lle regalou a súa avoa ao que lle ten moito cariño.

Ensinounos tamén un estuche de maquillaxe, xa que lle gusta moito maquillarse e disfrazarse.

Isabela ten un oso de peluche ao que lle ten moito cariño e co que lle gusta xogar.


Tamén trouxo un "móvil" porque di que lle encantan.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!


 

mércores, 26 de xaneiro de 2022

De que cor é un bico? Branco...

Seguindo coas instalacións artísticas baseadas no conto De que cor é un bico? Esta vez foi o branco o protagonista xa que estamos na estación branca!