.body Os Lilas: novembro 2021

martes, 30 de novembro de 2021

De que cor é un bico? Marrón...

Seguindo coas instalacións artísticas baseadas no conto De que cor é un bico? Esta vez foi o marrón o protagonista xa que é a cor que máis representa ao outono! 
 

 

venres, 19 de novembro de 2021

Aniversario Asier

 Seguimos celebrando aniversarios, esta semana tocoulle a Asier. Na caixiña trouxo catro cousas que para el son moi importantes.

Ensinounos un peluche león do que non se separa.

 

Contounos que lle gustan os coches.

Ensinounos un dos seus contos favoritos, o de Nemo.


Contounos que lle encantan os legos, sobre todo facelos co seu papá e con Iago, o seu irmán.

Celebramos a súa quinta volta ao redor do sol, seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!


 

Dinosaurios

Levamos dúas semanas investigando aos dinosaurios, estamos aprendendo moito sobre o traballo dos paleontólogos/as, sobre os tipos de dinosaurios, sobre a súa desaparición... Deixámosvos unhas fotos de todo o que estamos a traballar estes días. 

Recuncho de excavación:





 

 
 

Nos outros recunchos traballamos tamén moitas cousas sobre os dinosaurios:

 

















Xa vos seguiremos contando máis cousiñas sobre os dinosaurios, moitas grazas a todos pola vosa colaboración!





domingo, 14 de novembro de 2021

Aniversario de Thiago

 Esta semana celebramos o aniversario de Thiago. Cada día foinos contando as cousas que máis lle gustan.




Gústalle moito investigar e é moi coidadoso empregando o material de investigación. Tamén lle fascinan os dinosaurios e o espazo. Tamén lle gustan moito os bechos e en xeral a natureza.

Como o aniversario se merece, celebramos a súa quinta volta ao redor do sol, seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!