.body Os Lilas: Aniversario de Thiago

domingo, 14 de novembro de 2021

Aniversario de Thiago

 Esta semana celebramos o aniversario de Thiago. Cada día foinos contando as cousas que máis lle gustan.




Gústalle moito investigar e é moi coidadoso empregando o material de investigación. Tamén lle fascinan os dinosaurios e o espazo. Tamén lle gustan moito os bechos e en xeral a natureza.

Como o aniversario se merece, celebramos a súa quinta volta ao redor do sol, seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!


1 comentario: