.body Os Lilas: Aniversario Nicole

venres, 24 de decembro de 2021

Aniversario Nicole

Celebramos o último aniversario do 2021, o de Nicole. Na caixiña trouxo catro cousas que para ela son moi importantes.

Nicole ensinounos un peluche co que durme desde que naceu e ao que lle ten moito moito cariño.


 
 Outra cousa importante é o hidroxel que o leva con ela a todos os sitios.


 Contounos que lle encantan os animais da selva.


Tamén nos contou que lle encanta maquillarse.


E como sempre, celebramos a súa quinta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario