Esta semana celebramos o aniversario de Hugo e na súa caixiña trouxo as catro cousas que máis lle gustan...
Hugo ensinounos o moito que lle gustan os coches.
Gústanlle os cans, de feito ten un que se chama "Duque".
A Hugo lle encanta xogar ás construcións e díxonos que xogaba co papá.
Celebramos a súa sexta volta ao redor do sol, seguindo a
celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E
despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario