.body Os Lilas: Aniversario de Andrea

luns, 9 de maio de 2022

Aniversario de Andrea

A semana pasada celebramos o aniversario de Andrea e na súa semana de protagonista foinos ensinando as cousiñas que gardaou na caixa dos Aniversarios.

Andrea trouxo unha boneca mariposa coa que lle gusta moito xogar.

Contounos que lle gusta moito Raya e o último dragón.

Tamén que lle gusta moito facer quebracabezas, por iso nos trouxo un para ensinar.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos! 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario