.body Os Lilas: Aniversario de Enrico

mércores, 18 de maio de 2022

Aniversario de Enrico

A semana pasada celebramos o aniversario de Enrico e na súa semana de protagonista foinos ensinando as cousiñas que gardaou na caixa dos Aniversarios.

Ensinounos un estuche cheo de pinturas porque lle encanta pintar.

 

Enrico contounos que lle gusta xogar con esta boca "loca".

 

Tamén nos contou que lle gusta xogar coa bóla Pokemon.

A Enrico tamén lle gustan os coches e os contos.

E como sempre, celebramos a súa sexta volta ao redor do sol seguindo a celebración Montessori. Cantámoslle en galego, castelán e inglés! E despois dímoslle uns agasallos que lle fixemos con moito moito cariño! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos!  



Ningún comentario:

Publicar un comentario